The Used

The Used
OrixeOrem, Utah,
Período2001 - presente
Xénero(s)emo, screamo, post-hardcore, punk rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Hopeless Records, Reprise Records
MembrosJeph Howard
Bert McCracken
Dan Whitesides
Justin Shekoski
Antigos membrosBranden Steineckert
Quinn Allman
Artistas relacionadosDumb Luck, Strange Itch, Saosin, Rancid
Na rede
theused.net
IMDB: nm1505169 Facebook: TheUsed Twitter: wearetheused Instagram: theused MySpace: theused Youtube: UCFwZUc0XGKdVBn7deieUasA Bandcamp: theusedSouncloud: theusedband Spotify: 55VydwMyCuGcavwPuhutPL iTunes: 799141 Last fm: The+Used Musicbrainz: 8262d8e4-9137-4bb3-a787-3caabbbc13e9 Songkick: 162392 Discogs: 252723 Allmusic: mn0000577358 Deezer: 1285 Genius: The-used Editar o valor em Wikidata

The Used é unha banda estadounidense de rock formada en Orem, Utah no ano 2001. O grupo está composto polo vocalista Bert McCracken, o guitarrista Justin Shekoski, o baixista Jeph Howard e o batería Dan Whitesides.

O grupo asinou con Reprise Records e chegou á fama en xuño de 2002 tras o seu álbum de estrea, The Used. A este seguíronlle In Love and Death en setembro de 2004 e Lies for the Liars en maio de 2007. Shallow Believer, un EP que contaba coa meirande parte das caras b da banda, lanzouse en febreiro de 2008. Ese ano pasárono traballando no seu cuarto álbum, Artwork, que sería publicado en agosto de 2009.[1] O seu quinto traballo, Vulnerable, apareceu en marzo de 2012 a través do selo independente Hopeless Records. No verán de 2013 lanzaron outro EP titulado The Ocean of the Sky. O seu sexto álbum, Imaginary Enemy, editouse en abril de 2014 e o sétimo, The Canyon, o 27 de outubro de 2017.[2]

  1. The Used (ed.). "Artwork release date 8/31". Archived from the original on 10 de decembro de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. Apple Music (ed.). "The Canyon". Consultado o 26 de decembro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search